Airbus, Babcock e Telespazio contribuirán á consolidación da BFAero
luns, 21 de novembro do 2022
O vicepresidente primeiro e conselleiro de EconomÃa,
Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou na xornada de benvida aos
participantes na 4ª edición da Business Factory Aero que a visión, experiencia
e coñecemento de Airbus,
Babcock e Telespazio (os novos socios tecnolóxicos e industriais do Polo
Aeroespacial de Galicia), contribuirán á consolidación desta aceleradora e
ao desenvolvemento dos proxectos participantes.
Conde salientou que os obxectivos son potenciar o ecosistema
tecnolóxico do sector cun enfoque máis internacional; maximizar as sinerxÃas
entre a BFAero e o Polo Aeroespacial de Galicia; garantir a consolidación desta
industria coa captación de novos proxectos e favorecendo o crecemento dos
apoiados en anteriores convocatorias; e
converter esta aceleradora nun referente na Unión Europea de innovación aberta
e disruptiva no sector.
Na nova edición desta iniciativa da Xunta colaboran, xunto
coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Centro Tecnolóxico da Automoción
de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico Galego, e Gradiant, o Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. O responsable de EconomÃa,
Industria e Innovación da Administración autonómica sinalou que o seu apoio,
xunto co dos tres novos socios tecnolóxicos e o que seguen prestando outras
compañÃas de referencia no sector implicadas no proxecto, como Indra e Boeing,
é vital para que a Business Factory Aero sexa a canteira de proxectos, empresas
e startups que van marcar o futuro desta industria en Galicia e a súa
proxección internacional.
Nas tres edicións que se celebraron ata o de agora
participaron 19 empresas, 8 delas de nova creación; con 60 postos de traballo
vinculados; e máis de 5 millóns de euros de investimento mobilizado a través
dos diferentes proxectos.
A cuarta edición foi a que máis solicitudes recibiu, cun
total de 88 propostas, das cales foron seleccionadas 11. Destas, 8 son galegas
e 3 de Cataluña, Navarra e Uruguai, o que corrobora a aposta pola
internacionalización e a captación e retención de talento no sector
aeroespacial. Esta edición incorpora como novidade a fase de incubación, na que
participan tres proxectos; ademais da de aceleración, con 5; e consolidación,
con 3. Espérase que entre a cuarta e a quinta edición da aceleradora se
invistan un total de 7,2 millóns de euros, co que se pretende dar apoio en
total a 25 empresas do sector.
A BFAero será un importante apoio para o Polo Aeroespacial
de Galicia, para o que se reservan nos Presupostos da Xunta do próximo ano un
investimento de 27 millóns de euros, para proseguir coa despregadura de
solucións e para seguir consolidando industria arredor desta iniciativa. Xa ten
programados máis de 300 millóns de euros de fondos público-privados, pero
aspÃrase a aumentar este investimento se finalmente o Polo ten encaixe no Perte
Aeroespacial.