Airis presenta os seus ultraportátiles Kira 500 e 700
mércores, 24 de setembro do 2008- Novo Airis Kira 700
O Airis Kira 100 foi o primeiro ultraportátil de baixo custo en
introducirse no mercado español, en boa medida polo retraso na comercialización
europea dos seus competidores (bastante superiores en prestacións e estética) e
para poder sobrevivir renóvase esta liña de produtos con dúas
novas series que achegan máis potencia e tamaño de pantalla.
O Airis Kira 500 incorpora un procesador VIA C7-M a 1,2 GHz, unha pantalla
de 8,9 polgadas a 1.024 x 600 pÃxeles, 1 Gb de RAM e 60 Gb de disco duro. Mide
243 x 172 x 29 mm, pesa 1,1 quilos e conta cunha autonomÃa de 4 horas e media
coa baterÃa estándar (e ata 7 horas cunha baterÃa opcional de máis capacidade).
Tamén inclúe Wi-fi, altofalantes e webcam de 1,3 MpÃxeles. Venderase a 349
euros.
O Airis Kira 700 cambia o seu procesador por un Intel Atom a 1,6 GHz e incrementa o tamaño de
pantalla ata 10,2 polgadas, aÃnda que tamén incrementa o seu peso (1,45 quilos)
e as súas dimensións (259 x180 x 19-42 mm). Inclúe de serie 1 Gb de RAM e o seu
disco duro de 160 Gb. A súa autonomÃa tamén é de 4 horas e media e destaca por
contar coa opción de conectividade HSDPA (3G). O seu prezo será de 399 euros na
súa edición básica e de 499 euros con 3G.