Alba Chao gaña o IV Premio Somos Esenciais cunha reportaxe sobre a pornografÃa na Rede
mércores, 31 de xullo do 2024
Alba Chao é a gañadora do IV Premio de Xornalismo Somos Esenciais, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, pola reportaxe PornografÃa en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, publicada no xornal Faro de Vigo. O xurado decidiu conceder tamén unha mención de honra a Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, un traballo de Carolina Sertal para a revista Luzes.
 O xurado do cuarto Premio de Xornalismo Somos Esenciais, composto por Vanessa Casteleiro MartÃnez, Lara Dopazo Ruibal, MarÃa Eimil Méndez, Francisco X. González Sarria, DarÃo Janeiro Pereira, Gemma Malvido Otero, Belén Regueira Leal, Ana Isabel Rodriguez Vazquez e Cristina de la Vega Jiménez, decidiu por unanimidade o pasado martes 16 de xullo escoller como merecedor do galardón o traballo PornografÃa en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, da autorÃa de Alba Chao Vázquez, publicado o 3 de marzo de 2023 no Faro de Vigo.
O premio, dotado con 1.500 euros, foi convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis. Os membros do xurado destacaron que o traballo premiado trata "un tema de máxima actualidade elaborado de forma rigorosa, cun amplo soporte documental e enriquecido con opinións de expertas".
Ademais, acordouse conceder unha mención especial como finalista a Carolina Sertal Souto pola reportaxe Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, aparecida en febreiro de 2023 na revista Luzes, na que o xurado valorou "o contido de alto valor social ademais da aposta polo uso do galego" dun traballo que presenta "unha realidade complexa e dramática, durante anos silenciada, desde unha perspectiva diferente".
Os membros do xurado quixeron sinalar explicitamente a calidade dos 21 traballos presentados nesta edición do premio, que "confirman a necesidade de manter nos medios un espazo para a información social" e consolidan un premio que chega, con esta, á súa cuarta edición. A organización realizará un acto de entrega do premio nunha data aÃnda por concretar, despois do verán, da que se dará información a través das canles habituais.