Alba Chao será recoñecida polo xornalismo galego polo seu traballo sobre pornografÃa na Rede
mércores, 16 de outubro do 2024
Este venres 18 de outubro ás 10.30 horas vai ter lugar na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago o acto de entrega do IV Premio de Xornalismo Somos Esenciais a Alba Chao, gañadora desta edición con PornografÃa en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia. O acto vai contar tamén con Carolina Sertal, finalista co traballo Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade. O premio está organizado polo Colexio de Xornalistas en colaboración con Gadis.
A gañadora do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2023, Alba Chao Vázquez, recollerá o seu galardón o venres 18 de outubro ás 10.30 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago de Compostela (rúa Ponferrada, 9, baixo), nun acto que contará tamén coa presenza da decana do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira Leal, e de Melisa Pagliaro Fernández, directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa. No mesmo acto entregarase a mención como finalista a Carolina Sertal Souto.
Alba Chao, xornalista de Faro de Vigo, foi a gañadora do IV Premio Somos Esenciais, convocado baixo o lema A información ao servizo da xente, pola reportaxe PornografÃa en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, publicada o 3 de marzo de 2023 nese xornal. O xurado destacou que este trata "un tema de máxima actualidade elaborado de forma rigorosa", asà como a "súa capacidade para amosar unha visión global, mediante unha escrita precisa e ordenada, dun problema que afecta á toda a sociedade". Tamén lle foi concedida unha mención especial como finalista a Carolina Sertal pola reportaxe Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, aparecida en febreiro de 2023 na revista Luzes, da que se salientou "o contido de alto valor social ademais da aposta polo uso do galego".
O xurado do cuarto Premio de Xornalismo Somos Esenciais estivo composto por Vanessa Casteleiro MartÃnez, Lara Dopazo Ruibal, MarÃa Eimil Méndez, Francisco X. González Sarria, DarÃo Janeiro Pereira, Gemma Malvido Otero, Belén Regueira Leal, Ana Isabel Rodriguez Vazquez e Cristina de la Vega Jiménez.