Alcatraz lanza unha web e unha app de autodiagnóstico para axudar na contención do virus
xoves, 26 de marzo do 2020
Continúa o fluxo de solucións e propostas das nosas empresas
TIC para botar unha man durante o estado de alarma do COVID-19. Hoxe a empresa
galega Alcatraz Solutions, con sede na Coruña, púxonos ao tanto dunha
iniciativa de seu para axudar á cidadanÃa e á administración fronte á pandemia.
Trátase dunha web e dunha aplicación de
autodiagnóstico que permite avaliar os sÃntomas dos usuarios, aconsellalos
e mantelos informados sobre a situación actual e ante calquera novidade. «Quixemos
achegar ferramentas sen ánimo de lucro que contribuÃsen á contención do virus»,
explican dende Alcatraz.
«Ante unha situación onde reina a confusión, desde Alcatraz
queremos achegar o noso gran de area pondo a disposición das administracións
unha solución que lles permita manter informados e dar resposta ás dúbidas da
cidadanÃa, asà como desconxestionar os teléfonos de asistencia sanitaria»,
explica Leopoldo Mallo, director xeral de Alcatraz Solutions, poñendo o foco
nunha das grandes vantaxes da ferramenta móbil: asesorar aos usuarios que
poidan presentar algún sÃntoma especÃfico do virus a través dun sinxelo test
onde recibirán instrucións e consellos, seguindo as pautas establecidas polas
autoridades sanitarias, sobre que debe facer en función da información
fornecida.
A aplicación, explican dende Alcatraz, non só funcionará
como unha ferramenta de autodiagnóstico, senón que tamén nos manterá informados
sobre a situación do coronavirus achegando consellos sobre a pandemia e
dispondo dun mapa directorio dos centros de saúde máis próximos.
A aplicación móbil está dispoñible en diferentes idiomas
(español, catalán, éuscaro, galego e inglés) para a súa descarga
en dispositivos Android e, en datas vindeiras, tamén para iOS na App Store
e para Android na tenda de Google Play.