Alejandro Mosteiro desvela o potencial dos laboratorios do CITIC nos Almorzos TIC Talk
venres, 30 de setembro do 2022
Este
semana, o martes 27, retomáronse os Almorzos TIC Talk na sede do
CITIC (A Coruña), un ciclo de xuntanzas informais dirixidas ao
persoal do centro que que se atopa nas primeiras fases da súa
carreira, co obxectivo de fomentar o intercambio de coñecemento e
potenciar a colaboración. Na
sesión deste martes o responsábel de Sistemas do CITIC, Alejandro
Mosteiro, fixo un percorrido polas instalacións do centro,
centrándose nos novos laboratorios de Robótica, de Realidade
Virtual e Localización, e de Impresión 3D, así como o Centro de
Procesado de Datos e o Demostrador Tecnolóxico.
A
visita comezou no Laboratorio de Robótica, onde se explicaron as
posibilidades a futuro da infraestrutura e detallouse o equipamento
singular que se instalará en datas vindeiras. Mosteiro ofreceu ao
persoal investigador a posibilidade de achegar ideas para futuras
peticións de material segundo as necesidades dos seus
investigadores, e “tomar parte así na reforma das novas
infraestruturas singulares do centro”. A continuación, puideron
coñecer o funcionamento do Centro de Procesado de Datos (CPD), que
se ampliou recentemente ata case duplicar a súa capacidade.
A
continuación, os/as participantes visitaron o Laboratorio de
Realidade Virtual e Localización, onde está previsto desenvolver
proxectos singulares relacionados co ámbito da localización en
interiores, utilizando para iso un guindastre de ponte construída
especificamente. Nesta sala, o responsábel de Sistemas mostrou, a
través dunha demostración cunha botella con localizadores, o
funcionamento do Optitrack, un sistema de captura de movemento
baseado en cámaras.
Tamén presentou o equipo de Realidade Virtual e
Realidade Aumentada, con equipamento que permite a marcha sen
desprazamento para simular camiñar por escenarios virtuais.
No
Laboratorio de Impresión 3D, Alejandro Mosteiro debullou as
diferentes tecnoloxías de impresión 3D coas que conta o centro,
grazas ás que se fabrican pezas a medida para vehículos aéreos non
tripulados e produtos de apoio para persoas con diversidade
funcional, entre outros.
Para
finalizar, o persoal investigador acudiu ao Demostrador Tecnolóxico
para probar algúns das contornas de realidade virtual realizadas no
centro, así como varias propostas comerciais.