Alén Space e EGATEL revolucionarán as comunicacións marítimas cun novo proxecto: SATMAR
luns, 22 de agosto do 2022
As
firmas innovadoras galegas Alén
Space e
EGATEL
seguen a dar imporrtantes avances en materia de comunicacións
marítimas a través do proxexto SATMAR, dirixido a dixitalizar este
tipo de comunicacións. Neste intre, as dúas empresas preparan a
validación en órbita do novo estándar VDES (VHF Data Exchange
System). Esta iniciativa, explican, “inclúe o deseño, a
fabricación, o lanzamento e a operación dun nanosatélite destinado
a avaliar a capacidade desta nova tecnoloxía”o O obxectivo é
frecer novos servizos á industria naval e impulsar a súa
transformación dixital.
Trátase
así de probar, nun escenario real, a viabilidade dunha solución
completa de comunicacións e servizos satelitais co estándar VDES.
Este innovador proxecto, que en palabras de EGATEL e Alén Space,
“está chamado a revolucionar as comunicacións marítimas en todo
o mundo”, é unha das iniciativas seleccionadas polo fondo de
capital Ports 4.0, impulsado por Portos do Estado e polas Autoridades
Portuarias Españolas.
Ademais
da posta en órbita dun nanosatélite 6U, prevista para comezos do
ano 2024, o proxecto tamén contempla o desenvolvemento de terminais
embarcados e de estacións costeiras, “un paso fundamental para
avanzar cara ao despregamento real da tecnoloxía VDES”, sinalan,
engadindo que SATMAR pretende “demostrar a eficacia do novo
estándar, que integrará o actual sistema AIS de comunicacións
marítimas, e que permitirá ofrecer novos servizos para mellorar a
seguridade das embarcacións”.
Vantaxes
Entre
as vantaxes da tecnoloxía VDES destacan a capacidade de proporcionar
comunicación bidireccional, o mantemento da conectividade mesmo a
grandes distancias da costa, a prevención de problemas de saturación
de redes, a estimación máis precisa dos tempos de chegada das
embarcacións, a mellor xestión das alertas marítimas e o cifrado
da información transmitida.
Un
proxecto pioneiro
Alén
Space e EGATEL lembran que arestora non existen operadores de
satélite que estean a explotar comercialmente o estándar VDES, polo
que SATMAR “pode situarse” como unha solución de vangarda para
as comunicacións do sector naval. “Queremos capturar esta
oportunidade que temos diante de nós para formar parte deste cambio
e apostar pola tecnoloxía VDES”, explica Antonio Vázquez,
responsable de desenvolvemento de negocio e co-fundador de Alén
Space. “Con SATMAR podemos situar a España e ás empresas que
participamos neste proxecto como pioneiros no campo das comunicacións
marítimas”, engade.
Vázquez
engade que a incorporación dos satélites á tecnoloxía VDES supón
un “salto disruptivo que permitirá abordar a dixitalización das
comunicacións no mar, xa que o seu desenvolvemento é clave para a
transformación dixital do sector marítimo”.ón natural do
proxecto SHIPMATE, xa que imos probar en órbita a tecnoloxía
desenvolvida”, explica Antonio Vázquez.
A
maiores, para a execución do proxecto contarase coa participación
da Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras e das empresas Oritia &
Boreas, S.L. e Hércules Control, S.L., como representantes de pemes
do sector marítimo-portuario”, comenta Manuel Pozo, SVP of Sales
Engineering & Consulting de Egatel. Deste xeito, ao involucrar a
participación directa destes axentes, “posibilítase coñecer de
primeira man as potencialidades reais da tecnoloxía polo ámbito
loxístico-portuario e do sector marítimo en xeral”, engade Manuel
Pozo.
Recursos
en xogo
O
satélite de SATMAR contará cunha plataforma de radio definida por
software (SDR) de alta capacidade que permitirá implementar nun
mesmo módulo un transceptor de VDE satelital (VDE-SAT) para unha
banda de frecuencia VHF e un enlace de alta velocidade con terra.
Esta tecnoloxía cobre todas as necesidades do proxecto sen
desenvolvementos adicionais e permitirá minimizar o volume e a masa
do satélite, co que se reducirán os custos de desenvolvemento e de
lanzamento, o que á súa vez facilitará o despregamento de
constelacións de nanosatélites para proporcionar servizos VDES.
Alén
Space e EGATEL xa colaboraran previamente no desenvolvemento dunha
solución VDES para a dixitalización das comunicacións navais no
marco do proxecto SHIPMATE (Satellite Hybrid Information Protocol
for MAritime TElecommunications), no que tamén participaba o
Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
“SATMAR é un proxecto con múltiples desafíos técnicos, que
podemos considerar como a continuación natural do proxecto SHIPMATE,
xa que imos probar en órbita a tecnoloxía desenvolvida”, explica
Antonio Vázquez.
