Alex Kidd volve á acción en 2021

mércores, 10 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Os amantes do retro teñen unha grande nova na xornada de hoxe, xa que anunciouse Alex Kidd in Miracle World DX, unha versión actualizada do clásico de SEGA Master System de 1986, que chegará a PC e consolas Nintendo, Xbox e PlayStation da man de Merge Games.
O xogo contará con todos os contidos e niveis do xogo orixinal, engadindo un novo estilo gráfico, novos niveis, modificacións no sistema de xogo dos xefes finais e incluso novos modos de xogo, ou sexa, unha renovación dun título con moitos anos de historia, que incluso incluirá un Classic Mode co que poder gozalo como o título orixinal.
Aínda que non comunicaron a data de lanzamento deste título, espérase que saia á venda no primeiro trimestre de 2021.

O xogo conta cun apartado gráfico totalmente renovado
Será posible gozar do xogo cos gráficos da versión de 1986

Tráiler de Alex Kidd in Miracle World DX

PUBLICIDADE