Alexa amosa o seu apoio a Melody
luns, 12 de maio do 2025
Poucas veces unha canción que vai representar a España no festival de Eurovisión tivo tanta promoción como o Esa Diva de Melody, que leva varias semanas coándose en numerosos medios facéndose case omnipresente, e ao igual que hai poucos dÃas aproveitaron o tema musical para promocionar o filme Lilo y Stitch da Disney, agora temos ao propio asistente de voz de Amazon, Alexa, facendo animando a Melody activamente.
Se lle dicimos a un dos altofalantes de Amazon «Alexa, activa el modo diva» teremos unha resposta do asistente imitando a Melody e incluso incluÃndo a voz da propia cantante respondendo, instando a escoitar unha listaxe de reprodución de Eurovisión a través de Amazon Music.
Pero non será a única sorpresa eurovisiva de Alexa estes dÃas, senón que o vindeiro sábado, cando se celebra a final do concurso musical, se lle damos os bos dÃas a Alexa quen responderá será a propia Melody cunha mensaxe especial.
Resulta curioso ver como os asistentes de voz poden xogar coa actualidade indo máis aló de festexar o Nadal, abrÃndose a outros tipos de celebracións, o que semella que cada vez será máis frecuente dada a forte irrupción que están a ter os sistemas baseados en IA nas nosas vidas.
VÃdeo coas tres mensaxes do modo diva de Alexa
