Alexa evoluciona grazas á IA
mércores, 26 de febreiro do 2025
Amazon presentou hoxe Alexa+, o seu asistente de nova xeración impulsado por IA xerativa. Alexa+ é máis conversacional, intelixente e personalizado, e axuda a facer todo tipo de tarefas, dende organizar o dÃa a dÃa até resumir temas complexos, pasando por manter conversas sobre calquera tema, facer reservas e axudar na compra.
O novo asistente funciona con linguaxe natural, entendo frases incompletas e expresións coloquiais, dando a impresión de que se fala cun amigo e non cunha máquina. Para iso empréganse grandes modelos de linguaxe de última xeración dispoñibles en Amazon Bedrock.
Para a realización de accións e a xestión de servizos e dispositivos Alexa+ conta cun concepto que chaman expertos, que veñen a ser grupos de sistemas, capacidades, API e instrucións que desenvolven tarefas especÃficas para os usuarios. Deste xeito Alexa+ pode controlar o fogar intelixente con produtos como Philips Hue ou Roborock; facer reservas ou citas con OpenTable e Vagaro; explorar discografÃas e reproducir música de Amazon Music, Spotify, Apple Music e iHeartRadio; pedir a compra en Amazon Fresh e Whole Foods Market ou comida para levar en Grubhub e Uber Eats; lembrar cando saen á venda entradas en Ticketmaster; e usar Ring para avisar se alguén se aproxima ao noso fogar.
Ademais, Alexa+ introduce capacidades axenciais, o que lle permitirá navegar pola Internet de forma autónoma para completar tarefas en segundo plano. Por exemplo, se un usuario precisa arranxar o forno, Alexa+ poderá buscar un servizo técnico en Thumbtack, autenticar a solicitude, concertar a reparación e informarte cando todo estea feito, sen que o usuario teña que intervir.
Alexa+ terá un prezo de 19,99 dólares ao mes nos EE.UU., pero será gratuÃta para todos os membros de Amazon Prime. O seu lanzamento realizarase inicialmente nos EE.UU., comezando polos que xa son propietarios de dispositivos Echo Show.