Algúns xogadores puideron acceder ao FIFA 23 cun mes de antelación

mércores, 31 de agosto do 2022 Marcus Fernández

O xogo deportivo que previsiblemente será o grande referente nos vindeiros meses, o FIFA 23, vén de padecer unha importante filtración provocada por un simple accidente que permitiu que os usuarios que adquirisen a súa Ultimate Edition para consolas Xbox puidesen acceder xa ao xogo completo que non debería ver a luz até o 30 de setembro (con acceso anticipado o 27 de stembro).
Esta filtración provocou que se adiantasen moitos detalles do xogo en redes sociais (como as estatísticas que presentarán os xogadores no modo Ultimate Team ou a aparencia dos distintos equipamentos dos clubs), habendo incluso usuarios que se lanzaron a realizar directos en Twitch amosando o xogo un mes antes do seu lanzamento, ante o que EA Sports está a tomar represalias, denunciando as retransmisións e anunciando que bloqueará aos usuarios que detecten xogando ao FIFA 23 anticipadamente.

PUBLICIDADE