Alibaba non quere que ignoremos os seus avances en IA
martes, 28 de xaneiro do 2025
Nun momento no que o sector da intelixencia artificial ten a vista posta en China polo rebumbio creado por DeepSeek dende Alibaba quixeron aproveitar para presentar a nova versión do seu modelo de linguaxe, Qwen2.5-Max, que presume de superar a DeepSeek V3 en benchmarks como Arena Hard, LiveBench, LiveCodeBench e GPQA-Diamond.
Este modelo de mestura de expertos (MoE) está xa dispoñible mediante API a través de Alibaba Cloud, ou sexa, que falamos dunha tecnoloxÃa bastante coñecida por compañÃas chinesas que queren tirar proveito da IA, e que grazas a DeepSeek está a deixar claro que China é un xogador no cambio da IA máis importante do que moitos pensaban.
Podemos pensar que para compañÃas occidentais é sumamente arriscado apostar por servizos de IA chineses, pero para as empresas chinesas é todo o contrario, polo que podemos ter a impresión de que agora son as empresas asiáticas as que van loitar entre si para dominar o seu territorio.
No caso de Alibaba entendemos que están bastante máis avanzados que DeepSeek, e xa teñen modelos avanzados, como Qwen2.5-VL, que é un modelo de linguaxe-visión capaz de entender imaxes, capturar vÃdeos de máis dunha hora de duración, conta con capacidade de axente para interectuar con ordenadores e teléfonos e tamén pode achegar saÃdas de datos estruturados (ideal para manexar recibos, formularios...).
Quen desexe botar un ollo ás posibilidades dos distintos modelos de Qwen, poden acceder ao seu chat web, e só precisan rexistrarse como usuario para tirar proveito das súas posibilidades que, aÃnda que non están á altura das dos xigantes estadounidenses, xa ofrece caracterÃsticas avanzadas como busca na web, xeración de imaxe e xeración de vÃdeo, polo que pode resultar interesante comprobar o que Alibaba pode ofrecer ao mundo da IA.