Aliens vs Predator estrea demo multixogador

xoves, 4 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro día 19 chegará ás tendas españolas nas súas versións para Xbox 360, PS3 e PC o agardado xogo Aliens vs Predator desenvolvido por Rebellion e distribuído por SEGA, que hoxe mesmo estrea versión de demostración, de xeito que os usuarios da Xbox 360 que conten con conta Gold de Xbox LIVE poden descargala, coma os de PlayStation 3 poden facer da PlayStation Network e os de PC de Steam, para poder probar a experiencia de xogo das 3 especies que alí aparecen (Alien, Predator ou marine) nun Duelo a morte en modo multixogador.
Esta demo inclúe só un mapa, cando o xogo completo contará con 8 mapas, 7 modos multixogador e 3 campañas de un xogador, polo que os usuarios que gocen da versión reducida non dubidarán en facerse co xogo no seu lanzamento, especialmente se son seareiros das franquías cinematográficas que inspiran este título ou dos xogos que anteriormente enfrontaron a Aliens contra Predators.
Para poder xogar á versión de PC é preciso contar coma mínimo cun sistema operativo Windows XP/Vista, un procesador Intel Pentium 4 a 3,4 GHz, 1 Gb de RAM (en XP) ou 2 Gb de RAM (en Vista), tarxeta gráfica compatible con DirectX 9.0c con 128 Mb de memoria e 4,6 Gb de disco duro libre.

PUBLICIDADE