Alienware lanzará en setembro un ordenador con forma de consola de videoxogos

martes, 10 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Aínda que o pasado outono Steam anunciaba que este ano estarían á venda as primeiras Steam Machines, ordenadores deseñados para os videoxogos como uso principal, o proxecto está adiado, o que non fai que os fabricantes permanezan estáticos, e Alienware está a aproveitar a feira E3 para amosar o que serán os seus equipos de escritorio disfrazados de consola.
O Alienware Alphna chegará este ano con Windows 8.1 (en vez de SteamOS) pensando en conectarse directamente ao televisor do salón coma se fose unha consola de videoxogos, para o que tamén podemos gozar de interfaces como Steam Big Picture (para acceder de xeito áxil e cómodo aos nosos xogos preferidos) mantendo unha estética que faga pensar que temos unha consola tradicional, cando realmente estamos ante un equipo informático.
Aínda que este equipo será compatible co mando da PS3 e o futuro Steam Controller, lanzarase inicialmente co mando da Xbox 360 (considerado como o gamepad mellor aceptado en escritorios informáticos actualmente) e partirá dun equipo básico que por uns 550 dólares ofrecerá un procesador Intel Core i3 con gráfica nVIDIA Maxwell con 2 Gb de memoria GDDR5, 4 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, saída e entrada HDMI, Gigabit Ethernet, saída óptica de audio, 2 portos USB 3.0 e 2 porto USB 2.0; equipo máis que suficiente para a meirande parte dos xogos actuais, aínda que será posible configuralo con procesadores até un Intel Core i7 e con discos duros de 1 ou 2 Tb, o que permitiría que o equipo tivese unha vida máis longa e ofrecese un rendemento superior, aínda que cómpre lembrar que estamos ante un equipo actualizable, o que supón a súa principal vantaxe fronte ás consolas de videoxogos de nova xeración. Espérase que chegue ao mercado no mes de setembro.

Entre as súas características é destacable que o Alienware Alpha teña HDMI pass-through

PUBLICIDADE