Allariz inicia unha campaña para dotar de portátiles os fogares que non dispoñan deles
mércores, 8 de abril do 2020
Coa
entrada en vigor do Decreto de Alarma interrompeuse toda a actividade
docente dos colexios, institutos e universidades. Porén, fÃxose
necesario apostar pola teledocencia, un cambio de rumbo que foi doado
para algúns fogares pero que está a ser un suplicio para outros
moitos, que non contan cos recursos tecnolóxicos nin económicos
para afrontalo. Co fin de axudar ás familias que estean neste
segundo caso, os concellos están a pór en marcha todo tipo de
medidas. Por
exemplo o Concello de Allariz, que, en colaboración co IES, impulsou
unha campaña para dotar de computadores portátiles a quen non
dispoña deles.
A
iniciativa materialÃzase de varias maneiras: por unha banda mediante
a cesión temporal de equipos informáticos portátiles dende o
Consistorio ao Instituto de Educación Secundaria de Allariz e, pola
outra, facendo un chamamento á cidadanÃa para convidar ás veciñas
e veciños que conten con dispositivos nas súas casas que estean en
desuso e que queiran dalos en doazón, poidan facelo poñéndose en
contacto co Concello para xestionar o proceso.
As
canles para comunicarse serán a través da páxina de Facebook do
Concello de Allariz ou no correo electrónico
comunicacion@allariz.com.
O
Goberno local lembra que tamén se está traballar, en colaboración
co CEIP Padre Feijóo de Allariz, nun servizo de fotocopias para o
alumnado de 3º a 6º de primaria, que de forma xustificada o
solicitan. Poderase pedir a impresión do material escolar no correo
electrónico participa@allariz.com indicando o nome do alumno ou
alumna e o seu enderezo.