Altia cotizará no Mercado Alternativo Bolsista
mércores, 24 de novembro do 2010
A galega Altia
Consultores, compañÃa especializada en solucións informáticas e de
comunicación, recibiu
a aprobación de Bolsas e Mercado para a súa incorporación ao Mercado Alternativo
Bolsista (MAB) posiblemente o vindeiro 1 de decembro, para o que a compañÃa
de consultorÃa conta coa colaboración de DCM Asesores coma asesor rexistrado e
Bankinter coma banco colaborador.
A colocación farase entre investidores institucionais de España e outros paÃses
da Unión Europea que deberán facer un desembolso mÃnimo de 50.000 euros,
realizándose esta operación a través dunha ampliación de capital (OPS).
Actualmente
a compañÃa galega ten un capital social de 118.000 euros, e coa súa
apertura ao MAB pretende «acometer
proxectos de grande envergadura e realizar algunha operación corporativa no
mercado español» deixando a porta aberta ao financiamento de potenciais desenvolvementos
«distintos aos sinalados no folleto de
incorporación» ao tempo que dará valor ás accións que poidan servir de cara
a futuros movementos corporativos.
Altia Consultores serÃa a décima empresa en integrarse no Mercado Alternativo,
con compañÃas tan relevantes coma Zinkia, Imaginarium ou Nostrum, e
colocará o 15% da empresa no mercado a un prezo por acción que irá entre os
17,5 e os 20,5 euros (o prezo fixarase o vindeiro luns), conservando o
presidente de Altia, Constantino Fernández, o 85% da compañÃa.
