Altofalante plano con conectividade Bluetooth

venres, 14 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Gear4 anunciou o lanzamento do seu altofalante StreetParty Blue, que destaca polo seu elegante deseño e alta portabilidade. Este sistema de son usa tecnoloxía Bluetooth estéreo para reproducir música sen fíos que ó usarse con batería se converte nun dispositivo altamente transportable, xa que prescinde de todo tipo de cables durante o seu funcionamento.
O altofalante Gear4 StreetParty Blu ten un grosor de 2,4 centímetros, presenta un deseño plano, ten unha potencia de 4 W e funciona ata a 10 metros de distancia. O prezo de venda deste trebello será de 29,99 libras (41,96 euros).

PUBLICIDADE