Altofalante portátil de Genius
martes, 16 de agosto do 2011
Cando queremos
escoitar música partindo dun teléfono móbil ou dun reprodutor multimedia
portátil normalmente carecemos dun altofalante que achegue un nivel de volume
suficiente como para unha boa experiencia en espazos abertos que sexa
transportable, pero o altofalante
portátil Genius SP i170 pode ser unha boa opción, pois cunhas medidas de 65
x 65 x 46,5 milÃmetros e un peso de 72 gramos permite reproducir son a través
dun conector para auriculares estándar (3,5 milÃmetros) con 2 W de potencia que
consegue grazas a unha baterÃa interna que podemos cargar por USB e que facilita
unha autonomÃa de ata 8 horas.
Este altofalante crea un campo sonoro de 360 graos, inclúe unha bolsiña de
transporte, conta cun control de volume e un LED que indica o nivel de carga, e
véndese
por uns 18 euros en varias cores (negro brillante, branco, rosado e azul).
- O altofalante está dispoñible en varias cores