Alumnado da Politécnica de Ferrol fabrica con impresión 3D unha banqueta e un soporte móbil para o escaneo

venres, 30 de maio do 2025 S. P.

Catro estudantes do terceiro curso grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, Gloria Murcia, Adrián Fernández, Bruno Goti e Mario Díaz, fabricaron unha banqueta e un soporte móbil para o escaneo de pequenos obxectos como traballo final da materia de Fabricación Aditiva que imparten os profesores Juan de Dios Rodríguez e Antonio Couce.
Este traballo, realizado polo alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), consolida a incorporación de experiencias prácticas en deseño e fabricación mediante impresión 3D ao desenvolvemento de proxectos dentro desta materia optativa, avaliando non só a viabilidade técnica senón tamén a económica das solucións propostas.
Deste xeito, Gloria Murcia e Adrián Fernández, deseñaron e fabricaron unha banqueta impresa con filamento PLA e reforzada con madeira de pino. Pola súa banda, Bruno Goti e Mario Díaz, elaboraron un soporte móbil para o escaneo de pequenos obxectos no que seguen a traballar a día de hoxe.