Alumnado de 80 centros educativos participou na semifinal de Ciberseguridade no Cole!
martes, 21 de outubro do 2025
A quinta edición do concurso Ciberseguridade no Cole! espertou o interese de preto de 80 centros educativos, 28 deles de nova incorporación, que participaron na semifinal en liña celebrada estes dÃas. O certame, unha das actividades do V Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, celebrará a final presencial o vindeiro 7 de novembro na Cidade da Cultura.
Os centros finalistas da categorÃa de primaria son o CPR Plurilingue Calasancias da Coruña, o CPI Plurilingüe do Carballal de Vigo e o CEIP Mestre Vide de Ourense. Na categorÃa de secundaria clasificáronse o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, o CPR Plurilinüe La Merced de Sarria e o CPR Plurilingüe Losada de Vigo.
O concurso, patrocinado por Telefónica no marco do CIBER.gal, está dirixido a escolares de 10 a 14 anos co obxectivo de conciencialos sobre os riscos aos que se enfrontan no uso das tecnoloxÃas dixitais e ensinarlles boas prácticas en ciberseguridade dun xeito ameno.
CIBER.gal abre as súas portas o 5 de novembro
O Encontro Galego de Ciberseguridade, celebrarase os dÃas 5, 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Organizado polo Nodo CIBER.gal e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), coa colaboración do Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), o encontro estrutúrase, por primeira vez, en tres xornadas, cada unha enfocada nun público obxectivo, e contará cunha zona expositiva de solucións de ciberseguridade presentadas polas entidades patrocinadoras que apoian o evento.
A V edición de CIBER.gal reunirá a persoas de recoñecido prestixio nacional e internacional, entre eles Bernardo Quintero, Bernardo Viqueira, Rosa DÃaz ou Javier Candau, asà como representantes do Parlamento Europeo, do Ministerio de Defensa e do Ministerio de Transformación Dixital, que achegarán a súa visión sobre os novos retos globais en materia de seguridade dixital. Ademais, contarase co cómico galego Oswaldo Digón que, con clave de humor, falará da seguridade na contorna dixital.
Durante os tres dÃas, grazas á colaboración do INCIBE, o público poderá gozar da experiencia itinerante Road Show e visitar un expositor de ciberseguridade interactivo, pensado para achegar coñecementos e boas prácticas a todo tipo de públicos.
As tres xornadas poderán seguirse de forma presencial ou en liña, previa inscrición en liña, con prazas limitadas para a asistencia fÃsica. A participación é totalmente gratuÃta ata completar aforo.
