Alumnado do Juan Sebastián Elcano reciben o carnés de ciberexpertos

luns, 13 de maio do 2024 S. P.

Esta mañá o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, entregaba os carnés de ciberexperto/a a unha decena de alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do Colexio Juan Sebastián Elcano, de Pontevedra, que superaron as accións formativas sobre ciberseguridade enmarcadas no Plan Director para a Seguridade e a Convivencia nos Centros Educativos.
No acto de entrega o subdelegado estivo acompañado polo director do centro educativo, o capitán de navío Ignacio Santamaría, Abel Losada felicitou ao alumnado pola superación deste curso, subliñando a importancia de coñecer non só as vantaxes, senón tamén os riscos que implican o uso das tecnoloxías. Durante o acto, no que participou tamén o inspector-xefe Luís Velayos e o equipo do Plan Director da Comisaría de Pontevedra, amais do persoal docente, Losada animou aos nenos e nenas a transmitir os coñecementos adquiridos sobre os perigos da ciberdelincuencia ao resto de alumnado do colexio, así como á súa contorna familiar, especialmente aos seus pais e nais e avós e avoas.
Para rematar, Abel Losada subliñou o éxito do Plan Director para a convivencia nos centros educativos, o proxecto que acolle a iniciativa dos ciberexpertos/as. Lembrou que a partir da cooperación entre Administracións, Forzas e Corpos de Seguridade e comunidade educativa, este plan medrou un 80% no último ano na provincia de Pontevedra, chegando a 34.500 estudantes.