Álvarez-Pallete asume a presidencia executiva de Telefónica

venres, 8 de abril do 2016 Redacción

O Consello de Administración de Telefónica, na súa xuntanza celebrada esta mañá, aprobou por unanimidade o nomeamento de José María Álvarez-Pallete como presidente executivo da compañía, do seu consello de administración e da comisión delegada.
Durante a súa primeira intervención como presidente do Consello, Álvarez-Pallete ratificou a estratexia de crecemento de Telefónica e os obxectivos comerciais e financeiros anunciados ao mercado o pasado mes de febreiro. Estes inclúen un compromiso expreso cos accionistas a través dunha atractiva política de retribución, que en 2016 inclúe a repartición dun dividendo de 0,75 euros por acción.
José María Álvarez-Pallete accede á presidencia de Telefónica tras 17 anos en postos directivos, que lle levaron desde a dirección xeral de finanzas ao cargo do conselleiro delegado, pasando pola presidencia de Telefónica Latinoamérica e Telefónica Europa (incluída España). Agora terá que afrontar os novos retos do mercado dixital cun consello de administración renovado, tras a renuncia voluntaria de catro vogais con ampla traxectoria no máximo órgano de xestión. Trátase de Fernando de Almansa, Carlos Colomer, Santiago Fernández-Valbuena e Alfonso Ferrari. Todos eles recibiron un profundo recoñecemento polas súas achegas e a independencia que dirixiu as súas actuacións e favoreceu un debate sempre construtivo.
Catro novos conselleiros independentes, nomeados por cooptación a proposta da Comisión de Nomeamentos, Retribucións e Bo Goberno, e cuxa ratificación foi proposta á Xunta Xeral de Accionistas, incorpóranse ao Consello de Telefónica:
- Ignacio Cirac, é físico e unha das referencias mundiais en Óptica Cuántica. Cirac é o managing director do MAX PLANCK INSTITUTE for QUANTENOPTIK en Múnic e membro de destacados Advisory Boards de Ciencias e Quántica como o de Rusia, Universidade de Tsinghua (China), Consello Superior de Investigacións Científicas e o Visiting Committee do M.I.T. (Massachusetts Institute of Technology).
- Javier Echenique, foi director xeneral do Grupo BBVA, conselleiro e director Xeral de Allianz-Ercos e membro de numerosos consellos de administración, entre outros de Telefónica. Actualmente Echenique é vicepresidente do Banco Sabadell, e conselleiro de Repsol, ACS, Ence e Telefónica Móviles México.
- Sabina Fluxà, co-vicepresidenta executiva e CEO do Grupo Iberostar, fundado polo seu pai Miguel Fluxà. Fluxà é conselleira en ACS, membro do Consello Asesor Rexional do BBVA, e Patroa das Fundacións Iberostar, Endeavor e ACS.
- Peter Löscher, foi presidente e CEO do grupo alemán Siemens, CEO de General Electric Healthcare e presidente de Hoechst en España. Löscher é actualmente chairman de Sulzer A.G., vice chairman de Renova Management A.G. e membro do Advisory Board de Deutsche Bank.
Á fronte deste novo Consello de Administración, José María Álvarez-Pallete asume o reto de capturar todo o potencial que ofrece a revolución dixital e converter a Telefónica nunha Onlife Telco de referencia mundial.