Amantes dos videoxogos xuntaranse a vindeira fin de semana na Coruña
luns, 14 de xullo do 2025
A Coruña acollerá os dÃas 19 e 20 de xullo unha nova edición de StarFest, un evento centrado nos videoxogos (principalmente de loita) que busca reunir a xogadores esixentes e afeccionados nun mesmo espazo con máis de 800 metros cadrados no Liceo La Paz.
A proposta desta edición mantén os torneos como atractivo principal, con tÃtulos como Street Fighter 6, Tekken 8, Fatal Fury: City of the Wolves ou Super Smash Bros Ultimate. Os torneos desenvolveranse entre o sábado e o domingo, incluÃndo fases finais top 8 e o Dojo TWT25 de Tekken 8. A maiores, haberá ladders e competicións paralelas de xogos como Dragon Ball FighterZ, Blaston VR, Tekken Tag Tournament 2 ou Bleach: Rebirth of Souls. Todos os torneos poderán seguirse en directo a través da canle de Twitch de Sh4rin.
StarFest non é só para competidores: durante toda a fin de semana estará dispoñible unha ampla zona de xogo libre, máquinas arcade, simuladores de condución, xogos retro e experiencias de realidade virtual. Tamén se habilitará un espazo para xogos de cartas coleccionables, incluÃndo un torneo de Star Wars Unlimited organizado por XPoly.
As portas abriranse o sábado ás 11.00 e será posible quedar xogando ata as dúas da mañá. O domingo a actividade continuará ata as 21.00. Os prezos das entradas comezan nos 10 euros para toda a fin de semana, e existe a posibilidade de hospedarse no propio recinto.
