Amazfit estrea un smartwatch retro
xoves, 27 de agosto do 2020
As pulseiras de actividade e os reloxos da marca Amazfit
gozan dunha grande popularidade pola súa boa relación prestacións-prezo e pola
súa grande autonomÃa, e para achegar este tipo de dispositivos a un público maior
chega o Amazfit Neo, un reloxo que pode conectarse ao noso smartphone por
Bluetooth (para a recepción de notificacións de mensaxes e chamadas), que rexistra
o ritmo cardÃaco, monitoriza o sono, pode somerxerse até 50 metros e ten unha
autonomÃa de até 28 dÃas, que probablemente gañe o corazón do público por
adoptar un deseño claramente inspirado nos reloxos Casio que tan célebres se
fixeron nos anos 80.
Podemos dicir que o Amazfit Neo serÃa algo asà como un smartwatch retro, que
presenta unha pantalla de 1,2 polgadas en branco e negro (peza chave no seu
deseño e para a súa elevada autonomÃa) que está acendida todo o tempo (como as
pantallas dos clásicos reloxos de Casio), e aÃnda que parece bastante probable
que este produto vaia ter distribución internacional, polo momento só está dispoñible a través
de AliExpress a un prezo de 43,28 euros (co código promocional AMAZFITNEO
quedarÃa en 36,35 euros).
- O Amazfit Neo véndese en 3 cores distintas