Amazon Prime Video chega a España
mércores, 14 de decembro do 2016
Tras a
chegada de Netflix e HBO a España, chegaba un terceiro grande competidor global
por desembarcar no noso territorio, e finalmente chega Amazon, cun catálogo
máis discreto que os anteriores, pero dun xeito bastante máis contundente, por
ofrecerse sen custo adicional a todos os usuarios de Amazon Premium, ou sexa,
que as persoas que pagan 19,95 euros/ano para poder recibir os seus pedidos en
Amazon.es de xeito urxente sen gastos de envÃo recibirán tamén unha oferta
audiovisual que combina unha selección de pelÃculas e series de televisión que
en moitos casos xa están dispoñibles noutras plataformas, xunto cunha serie de
producións da propia compañÃa.
Entre as exclusivas, coñecidas como Amazon Original Series, podemos ver
producións televisivas de grande reputación como Transparent, The Man in the
High Castle, Mozart in the Jungle,
Hand of God, Bosch ou Red Oaks, que
conseguiron grande éxito internacional e que por fin poderemos gozar en España.
O novo servizo pode gozarse vÃa web en
PrimeVideo.com, ou a través da correspondente aplicación
para Android, para
iOS ou para Smart TV de marcas como LG e Samsung, permitÃndose o acceso ao
material tanto dobrado como en versión orixinal, estando tamén dispoñibles os
correspondentes subtÃtulos, e destacando tamén o feito de que permite a
descarga dos vÃdeos para o seu consumo fóra de liña.
Un dos grandes atractivos de Amazon Prime Video é tamén The Grand Tour, serie sucesora de Top Gear, presentada por Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James
May, e da que polo momento só hai 4 episodios dispoñibles, xa que aÃnda está en
curso (completaranse os 12 primeiros capÃtulos a primeiros de febreiro de
2017).
Polo momento enténdese que o servizo de vÃdeo é un reclamo para atraer a
clientes a subscribir Amazon Premium, aÃnda que nos mercados onde Amazon ten
máis forza conseguiu converterse nun competidor de primeira orde para
plataformas como Netflix, polo que cómpre estar pendente da evolución desta
nova plataforma audiovisual que xoga tamén coa forza de Amazon como ecosistema.