Amazon amplÃa o catálogo de produtos Echo
xoves, 28 de setembro do 2017
Amazon está a revolucionar a súa familia de produtos potenciados coa intelixencia artificial de Alexa, ampliando a serie de produtos Echo e renovando tamén o seu Fire TV para incluÃr soporte de 4K, aÃnda que como Alexa non está dispoñible en español polo momento non está previsto que se comercialice ningún destes trebellos en España, e incluso teñen moi limitada a súa distribución europea.
Echo Spot
Un dos produtos máis interesantes dos presentados é o Echo
Spot, pequeno accesorio que pode reservarse a un prezo de 129,99 dólares e
que comezará a distribuÃrse en decembro, e que supón a mestura do tamaño do Echo
Dot coa pantalla do Echo Show, de xeito que pode entenderse como un reloxo
espertador que tamén pode amosar información meteorolóxica, novas en vÃdeo e
outras funcionalidades, coa grande vantaxe de ocupar un espazo moi reducido,
polo que é ideal para dormitorios e escritorios. Tamén integra cámara frontal
de xeito que poden empregarse para comunicacións en vÃdeo ou en audio, o que
pode resultar práctico incluso para o interior dun mesmo fogar, xa que ao poder
controlarse mediante ordes de voz podemos empregalo para avisar de que xa está
listo o xantar ou para dar un recado.
O seu altofalante de 2 watts tamén permite reproducir música directamente,
aÃnda que para ese uso serÃa máis recomendable empregar uns altofalantes
externos conectados por Bluetooth ou toma de jack de 3,5 milÃmetros, xa que o
reducido tamaño deste trebello non pode dar unha boa calidade de reprodución musical.
Novo Echo e Echo Plus
Dende hai anos Amazon ofrece o seu altofalante conectado
Echo, que converteuse en todo un éxito de vendas nos EE.UU. ao permitir
funcións como realizar chamadas, reproducir música e incluso responder a
consultas faladas dentro do fogar, e agora chegou a hora da súa renovación, de
feito que xa temos un Echo de
segunda xeración por 99,99 dólares, e que supón principalmente unha mellora
na reprodución sonora.
Pero agora temos tamén o Echo
Plus, cun prezo de 149,99 dólares, que busca ser tamén un concentrador para
o fogar conectado, de xeito que pode xestionar lámpadas, interruptores,
termostatos e outros trebellos que empreguen a tecnoloxÃa ZigBee, como as
lámpadas Philips Hue, evitando asà o uso dun hub adicional, ou sexa, que reduce a cantidade de trebellos
necesarios para gozar dun fogar conectado co que sexa posible interactuar coa
voz.
Novos accesorios
Para quen xa conte cun Echo no fogar, tamén haberá accesorios novos, sendo o máis importante o Echo Connect, que pode reservarse por 34,99 dólares e chegará aos compradores en decembro, e que permite conectar o Echo a unha liña de telefonÃa fixa, facilitando asà a realización de chamadas de voz en mans libres dende o fogar.
Pero hai outro accesorio moito máis curioso, que aÃnda non ten data de lanzamento (xa que están pendentes da aprobación por parte da FCC), os Echo Buttons, que son uns pulsadores luminosos que venderanse en parella a un prezo de 19,99 dólares e que facilitarán a realización de xogos en familia ou con amigos a xeito de concurso televisivo (no que a velocidade en premer o botón indicará quen pode responder). Estamos claramente ante un accesorio que busca venderse de cara ao Nadal, para complementa ao resto de produtos Echo empregándoos dun xeito lúdico.
- Os Echo Buttons permiten xogar cos amigos e familiarse a concursos de preguntas e respostas