Amazon celebrará o Prime Day os días 11 e 12 de xullo

mércores, 21 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Amazon vén de anunciar a data na que celebrará o seu novo Prime Day, período de ofertas agresivas que este verán será os días 11 e 12 de xullo, polo que os que teñen compras previstas con certa antelación farán ben en ter en conta estas datas por se poden beneficiarse dos descontos propios deste tipo de rebaixas que se aplican de xeito moi especial aos produtos das marcas propias de Amazon.
Co anuncio do vindeiro Prime Day xa comezan algunhas rebaixas en Amazon, así como o lanzamento de promocións como a posibilidade de subscribirse a Amazon Music por 9,99 euros/mes recibindo 4 meses de balde, e aproveitan para facer lembrar aos subscritores de Prime que teñen vantaxes como xogos e subscricións de Twitch.
Cómpre salientar que o Prime Day xa non é un evento tan exclusivo como no pasado, xa que en 2022 celebrouse en dúas ocasións, descoñecéndose se este ano farán o mesmo.

PUBLICIDADE