Amazon celebrará o vindeiro Prime Day os dÃas 16 e 17 de xullo
martes, 25 de xuño do 2024
Amazon anunciou hoxe cando celebrará o seu tradicional perÃodo de rebaixas de verán, o Prime Day, que comezará o 16 de xullo a medianoite e estenderase ao dÃa 17. Estas xornadas de ofertas buscan captar clientes para o servizo de subscrición Amazon Prime, que achega gastos de envÃo de balde e unha serie de vantaxes adicionais (como o servizo de vÃdeo baixo demanda Prime Video, o almacenamento ilimitado de fotografÃas na nube Amazon Photos e varios videoxogos de balde ao mes grazas a Prime Gaming).
Amazon Prime ten un prezo de 49,90 euros/ano ou 4,99 euros/mes, e ao ofrecer gastos de envÃo de balde en millóns de produtos consegue fidelizar aos consumidores, que deste xeito darán prioridade as compras a través de Amazon pola vantaxe de contar con entregas en 1-2 dÃas sen custo adicional.
Durante o Prime Day é frecuente ver moitos produtos rebaixados, aÃnda que os que experimentan os descontos máis rechamantes son os produtos da propia Amazon (como os altofalantes Amazon Echo, os lectores de libros electrónicos Kindle ou dos dispositivos Fire TV). Algunhas promocións están dispoñibles dende antes do propio Prime Day (para crear expectación), outras durante os 2 dÃas, e outras só duran unhas horas, de xeito que os consumidores que queiran cazar gangas teñen que estar consultando as ofertas ao longo dun par de dÃas, co que buscan claramente incitar a compras compulsivas.