Amazon estrea un Kindle máis barato con pantalla de 9,7 polgadas

xoves, 1 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A baixada do prezo do Kindle 2 de Amazon e do NOOK de Barnes & Noble a pasada semana parecía unha reacción directa ao éxito do iPad de Apple, polo que só era cuestión de tempo que o irmán maior do Kindle 2 (o Kindle DX) fixese o mesmo, e así é, aínda que con matices, pois en vez de rebaixar directamente o prezo, sae como unha revisión, o Kindle DX Graphite, que conta cunha pantalla de papel electrónico de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.200 x 824 píxeles con 16 niveis de gris, unha relación de contraste un 50% mellor, 4 Gb de memoria interna, amplo soporte de ficheiros, conectividade 3G e un prezo de 379 dólares (302,92 euros) o que supón un imporante aforro con respecto do anterior Kindle DX (que custaba 489 dólares).
Resulta curioso que a pantalla do Kindle DX Graphite teña o mesmo tamaño que o iPad, aínda que cunhas prestacións ben diferentes, de xeito que polo momento os eReaders non deberían temer ao iPad, pese a que é o seu rival máis solvente, pois os seus prezos continúan a estar bastante diferenciados, así coma os seus usos.

PUBLICIDADE