Amazon internacionalizará o seu servizo de descarga de MP3

martes, 29 de xaneiro do 2008

Amazon anunciou que vai comezar a espallar o seu servizo de venda de música en formato MP3 fóra das fronteiras dos EE.UU., de xeito que empregarán as súas filiais internacionais (incluíndo as de Reino Unido, Francia e Alemaña) para achegar a tenda musical que destaca por vender ficheiros MP3 sen protección DRM.
Dende a compañía aseguran que amplían o servizo Amazon MP3 internacionalmente ante as peticións que recibiron de todo o mundo por parte dos seus clientes.

PUBLICIDADE