Amazon paga 970 millóns de dólares por Twitch
luns, 25 de agosto do 2014- O último torneo internacional de Guild Wars 2 puido seguirse a través de Twitch
Pese as informacións que deron por
confirmada a compra de Twitch por parte de YouTube, de xeito que a compañÃa
de Google pagarÃa 1.000 millóns de dólares polo servizo de streaming de videoxogos máis popular actualmente, o director xeral de Twitch, Emmet Shear,
anunciou oficialmente hoxe que veñen de vender a compañÃa, pero o comprador
non estarÃa en Mountain View, senón que serÃa Amazon, compañÃa coa que aseguran
compartir valores e visión a longo prazo. Esperan que a adquisición por parte
dunha grande empresa axude a que Twitch poida medrar aÃnda a un mellor ritmo,
xa que terán un maior músculo financeiro, á vez que manterán a independencia,
xa que continuarán a operar como unha marca independente, mantendo empregados e
oficinas.
Ao parecer, Amazon
pagarÃa aproximadamente 970 de dólares por Twitch, o que pode resultar
abraiante se temos en consideración que Twitch non existÃa hai 3 anos. O forza
actual de Twitch é innegable, conseguindo callar moi fondo entre o público
mozo, de aà que resulte moi interesante para certas compañÃas facerse con este
negocio, xa que o potencial de crecemento é moi grande.
Se miramos atrás podemos ver como Twitch
pasou de ter 20 millóns de usuarios/mes en 2012 a 45 millóns en 2013; tamén
aseguran que o 58% dos espectadores de Twitch pasan máis de 20 horas á semana
no servizo, conseguindo asà un uso aÃnda máis intensivo que servizos como
Netflix ou YouTube, o que é todo un signo do cambio cultural que está a
producirse coa influencia dos videoxogos.