Amazon prepara a estrea dunha serie sobre o Camiño de Santiago
venres, 15 de xaneiro do 2021
O 22
de xaneiro é a data prevista para a estrea dunha nova serie que a
plataforma Amazon Prime vén de impulsar. Trátase de 3
Camiños, unha ficción que trata sobre a experiencia que
supón facer o Camiño de Santiago. Presentouse hoxe, precisamente,
na capital galega.
Estamos
perante un proxecto de corte internacional pois a dita serie está
producida por Amazon, Ficción Producións e Beta Films, asemade
conta coa participación de Radio Televisión de Galicia, RTP de
Portugal e Unoenlouno de México.
3
Camiños xunta a persoas de todo o mundo (e as súas culturas) a
través dunha peregrinaxe que remata na Catedral de Santiago. A serie
está dirixida por Iñaki Mercero, Franciska Meletzky e Norberto
López Amado e consta de oito episodios que poderán verse en Amazon
Prime Vídeo.
En
canto a protagonistas, atoparemos aos españois Álex González
(Roberto), Verónica Echegui (Raquel) e Alberto Jo Le (Yoon Soo) -cuxa familia é de orixe surcoreana-, a alemá Anna Schimrigk (Jana)
e o italiano Andrea Bosca (Luca) -a quen se une a mexicana Cecilia
Suárez (Úrsula) na segunda metade da tempada-, dá conta do
carácter internacional do proxecto, no que se manexan até sete
idiomas: español, inglés, coreano, alemán, italiano, francés e
portugués.
O
Camiño pasa a ser o eixo central no que se desenvolve a trama que
xorde das 5 vidas dos diferentes personaxes que pertencen a 5
nacionalidades diferentes cun Camiño común que os une (o de
Santiago). As súas vidas son contadas deténdose en tres ocasións
nas que xuntos fan o Camiño nos anos 2000, 2006 e 2021.
Engadir
que a serie 3 Camiños está patrocinada polo Xacobeo 2021, un
xeito de dar a coñecer os pobos e cidades que percorren a ruta e un
xeito tamén de alentar aos espectadores a facer o Camiño.