Amazon presenta novos dispositivos para conquistar o fogar conectado
martes, 28 de setembro do 2021
Amazon está a presentar novos produtos, entre os que destaca
a ambición do Echo Show 15, produto
que consistirá nunha pantalla conectada Full HD de 15,6 polgadas cunha cámara
de 5 MpÃxeles que podemos instalar en horizontal ou vertical coma se fose un
cadro (ou colocalo sobre un soporte), para converterse no centro do fogar
dixital ou incluso como un substituto do televisor na cociña, xa que permite
reproducir contidos de plataformas como Amazon Prime Video, Netlfix ou
Atresplayer, asà como escoitar Amazon Music, Spotify, Apple Podcast e Audible.
Este trebello, que pode comportarse coma un marco dixital, tamén está aberto a
funcións como acceder ao vÃdeo captado por cámaras de vixilancia compatibles con
Alexa (que incluso poden amosarse nunha fiestra de tamaño reducido mentres
consumimos outros contidos multimedia), comprobar o calendario, consultar notas
persoais e listaxes da compra... ou sexa, que pretende servir para organizar a
vida familiar.
A cámara do trebello pode empregarse para realizar videoconferencias, pero
tamén se aproveita para identificar ás persoas que ten diante, e asà amosarlle
información personalizada, aÃnda que esta opción pode desactivarse (ao igual
que tamén é posible tapar a cámara de xeito doado cun mecanismo integrado).
O Echo Show 15 chegará ao mercado nos vindeiros meses a un prezo de 249,99
euros.
Outros produtos
Outro produto importante dos presentados hoxe serÃa o Blink Video Doorbell, un videotimbre de Blink, que parte dun prezo de 59,99 euros e que pode instalarse con ou sen cable e conta cunha autonomÃa de até 2 anos. Transmite vÃdeo en Full HD e integra audio bidireccional, de xeito que podemos recibir notificacións do timbre nunha aplicación móbil e comunicarnos coa persoa que estea na porta, sendo tamén posible conectar por cable o novo dispositivo cun timbre existente para que tamén se escoite o timbre da casa cando se prema o novo interruptor.
A nivel de conectividade tamén resulta moi interesante o novo eero Pro 6, solución de Wi-Fi mesh
de Amazon que agora integra Wi-Fi 6 de triple banda e incluso controlador de
fogar conectado ZigBee (evitando a necesidade dun bridge domótico).
A
versión cunha unidade custa 199 euros, mentres que o lote con 3 unidades
véndese a 511 euros.
Estes produtos están dispoñibles para o público español, algo que dubidamos que
aconteza con Astro, un robot doméstico
que tamén presentaron hoxe, que pode vixiar o novo fogar cando non esteamos na casa; poderá aproveitarse para axudar
aos nosos maiores (con recordatorios de tomar a medicación ou incluso servindo
para establecer chamadas de voz ou vÃdeo coa familia); e incluso pode
comportarse como un Alexa sobre rodas, perseguÃndonos pola casa para que
poidamos escoitar música, ver unha serie ou realizar unha chamada sen ter que
cargar dun dispositivo móbil.
Quedará por ver o que acontece con este produto que promete ser todo un
pesadelo para a nosa intimidade, e aÃnda que está previsto que se venda a
1.449,99 dólares, contará cunha promoción de lanzamento a 999,99 dólares con 6
meses do servizo de seguridade Ring Protect Pro (que permite programar
patrullas, investigar acontecementos detectados e gardar vÃdeos na nube de Ring
contando cun historial de até 60 dÃas).