Amazon presenta un reprodutor multimedia 4K controlable por voz
xoves, 7 de xuño do 2018
O vindeiro dÃa 21 sairá á venda nos EE.UU. un novo produto
de Amazon que promete ser todo un éxito, o Fire TV Cube, que ten un prezo
de 119,99 dólares (102 euros), aÃnda que os usuarios de Prime poderán adquirilo
inicialmente por só 89,99 dólares (76 euros), de xeito que é de esperar que
teñan unhas vendas moi importantes, xa que este produto suporá a revolución
para moitos salóns domésticos.
O concepto do Fire TV Cube é moi sinxelo, xa que supón a fusión do altofalante
compacto conectado Amazon Echo Dot (que non ten unha grande calidade sonora,
pero atende a ordes verbais ao integrar o asistente virtual Alexa) e os
reprodutores multimedia Fire TV (que empregando unha toma HDMI converten un
televisor nun Smart TV, achegándolle os contidos audiovisuais de Amazon e
outros servizos en liña), pero ao integrar todas estas funcionalidades nun
único dispositivo permÃtese que, de súpeto, poidamos ter un televisor controlable
por voz, sen ter que mercar un equipo de altÃsima gama.
O Fire TV Cube serÃa o primeiro reprodutor multimedia con Alexa que pode
controlarse coas mans libres, xa que integra micrófonos de profundidade para
captar o que se diga en toda a habitación (en vez de ter que falar ao mando a
distancia como en modelos anteriores) podendo asà controlar a reprodución
multimedia ou a busca de contidos, pero indo máis aló, e permitindo tamén
acender o televisor e outros dispositivos compatibles ou tamén tirando proveito
das posibilidades de Alexa para o control domótico ou para a realizar consultas
por voz.
Como reprodutor multimedia o Fire TV Cube é compatible con vÃdeo 4K con HDR de
até 60 imaxes por segundo, e incluso é compatible con Dolby Atmos, ofrece
numerosas series de televisión e pelÃculas a través de Amazon Prime Video,
conta con aplicacións como Netflix e tamén permite acceder a outros servizos en
liña a través dos navegadores web Silk e Firefox. E para os que estean
preocupados pola calidade de son, tamén permiten enlazarse a altofalantes
Bluetooth ou barras de son (podendo controlar o seu volume coa voz), de xeito
que estamos ante unha das mellores solucións do mercado á hora de querer gozar
dunha grande experiencia de uso no salón doméstico.
Polo momento o produto limÃtase ao mercado norteamericano, pero é bastante probable
que vaiamos velo en España a finais de ano, xa que Alexa en español está
ultimando o seu lanzamento, e iso facilitarÃa que este produto puidese
comercializarse no noso territorio despregando todo o seu potencial.
Cómpre salientar que Amazon tamén está a ofrecer a posibilidade de mercar o Fire TV Cube cunha cámara
de seguridade Cloud Cam, pensando na súa instalación nunha habitación da
casa para, por exemplo, poder monitorizar a un bebé, de xeito que chegarÃa con
pedirlle a Alexa que queremos ver o cuarto do pequeno para que se amosase a
imaxe da cámara no televisor (ou na aplicación que teñamos instalada no móbil).
VÃdeo de presentación do Fire TV Cube