Amazon renova o seu espertador con Alexa
luns, 8 de xullo do 2024
Dentro da liña de altofalantes da liña Echo de Amazon destacaba hai anos o Echo Spot, por estar equipado por unha pantalla circular e contar cun deseño moi práctico para a mesa dun dormitorio.
Curiosamente este produto non contaba con moita exposición por parte de Amazon, que daba máis visibilidade a outros dispositivos da familia con pantallas rectangulares, o que facÃa entender que o Echo Spot podÃa resultar demasiado caro de fabricar (de feito, en poucas ocasións se incluÃu entre os grandes descontos da compañÃa).
Finalmente Amazon decidiu renovar o Echo Spot, con cambios sumamente importantes no seu deseño, sendo o máis visible o cambio de pantalla, que agora ten menos marcos, pero non completa a circunferencia, senón que o seu terzo inferior está reservado a un altofalante máis visible. Pero realmente o cambio máis profundo serÃa a eliminación da cámara, de xeito que o produto xa non serÃa apto para videoconferencias (limitándose a conferencias de voz), o que semella un movemento que, en vez de procurar aforrar custos, o que quere e evitar suspicacias por parte dos consumidores, que claramente teñen reparos á hora de introducir un dispositivo con cámara no seu dormitorio.
O novo Echo Spot ten unhas dimensións de 113 x 111 x 103 milÃmetros, un peso de 405 gramos, unha pantalla táctil semicircular de 2,83 polgadas, altofalante, Wi-Fi de dobre banda e Bluetooth, sendo un produto ideal para escoitar música, aproveitar as capacidades de Alexa para informarse (de información xeral, a predición meteorolóxica ou as novas do dÃa) ou para controlar os dispositivos electrónicos do fogar, consumir contidos en liña (Amazon Music, Apple Music, Spotify...) e, principalmente, colocarse no lado dos dispositivos que son principalmente altofalantes, distanciándose dos que priman o uso da pantalla (os Echo Show).
O prezo oficial do novo Echo Spot é de 94,99 euros, pero o seu prezo de lanzamento (e probablemente o que manterá até que remate o vindeiro Prime Day) é de 54,99 euros, estando dispoñible en tres cores distintas (negro, branco e azul).
- O Echo Spot pode entenderse como un espertador que serve para a domótica e a reprodución musical