Amazon renova os seus Fire TV
xoves, 24 de setembro do 2020
Os
produtos Fire TV de Amazon estrean nova xeración, de xeito que agora temos un
Fire TV Stick un 50% máis potente, á vez que se estrea un Fire TV Stick Lite
máis económico e chega finalmente a España o Fire TV Cube, que destaca por
integrar control por voz de longo alcance.
O Fire TV Stick de
referencia, cun prezo oficial de 39,99 euros, ofrece vÃdeo Full HD a 60 imaxes
por segundo con HDR, Wi-Fi de dobre banda e compatibilidade con Dolby Atmos, o
que supón a mellor dun produto moi consolidado no mercado como unha das grandes
opcións para dotar de caracterÃsticas de Smart TV a un televisor ordinario (ou
que quedou sen actualizacións) valéndose unicamente dunha das súas entradas HDMI.
Por outra banda, o Fire TV Stick Lite
ofrece menos prestacións, sendo o máis salientable que o seu mando carece dos
botóns de control de volume e apagado do televisor, co que conseguen reducir o
seu prezo a só 29,99 euros.
Pero o máis sorprendente desta nova xeración de Fire TV é que finalmente chegue
a España o Fire TV Cube, unha
versión con forma de cubo dun Fire TV Stick 4K que integra micrófono de longo
alcance, para que non sexa preciso falar ao mando para tirar proveito de Alexa,
ou sexa, que tanto serve para buscar contidos audiovisuais como para o control
da electrónica do fogar, tanto compatible con Alexa como controlable a través
de mando a distancia (xa que inclúe un emisor de infravermellos) de xeito que
incluso permitirÃa acender o televisor mediante unha orde de voz. O produto ten
un prezo de 119,99 euros, polo que entendemos que está orientado a fogares
domotizados.
- O Fire TV Cube integra recoñecemento de voz e emisor de infravermellos, levando un paso máis adiante o uso de Alexa no fogar