Nas últimas horas Amazon anunciou unha completa renovación da súa familia de tablets Kindle Fire, para o que decidiron lanzar unha nova gama de maior potencia coñecida como Kindle Fire HDX en tamaños de 7 e 8,9 polgadas e prezos que parten dos 229 e dos 379 dólares respectivamente, mentres que o tablet a anterior xeración, o Kindle Fire HD, muda de deseño para conseguir axustar o seu prezo ata os 139 dólares, converténdose nun dispositivo moi atractivo para a súa compra de cara á campaña de Nadal.
Os novos Kindle Fire HDX funcionan cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,2 GHz e 2 Gb de RAM, gozan de pantallas de grande definición, a súa conexión Wi-Fi está deseñada para acadar grandes velocidades, ofrécese en capacidades de almacenamento interno de 16, 32 e 64 Gb, son delgados, lixeiros e cunha autonomía claramente superior ás dos seus predecesores.

Pola súa banda, o novo Kindle Fire HD porase á venda o 2 de outubro, e apenas presenta cambios fronte ao modelo actual, agás que muda lixeiramente a súa forma, reduce o seu prezo 60 dólares e funciona co novo Fire OS 3.0 (última versión do sistema operativo dos tablets de Amazon, que é unha variedade de Android).
Aínda que estamos ante tablets baseados en Android, están optimizados para a adquisición e contidos achegado por Amazon, o que no caso español non resulta moi relevante (o catálogo audiovisual de Amazon está dirixido principalmente ao mercado norteamericano). Unha das funcionalidades que poden resultar máis interesantes destes tablets para o fogar son as posibilidades de conexión co televisor, de xeito que podemos conectar o tablet a un televisor por HDMI para presentar en grande tamaño os vídeos que desexemos reproducir mentres mantemos os controis multimedia na pantalla do tablet ou incluso podemos facer espello dos contidos que teñamos no tablet de contar con televisores ou accesorios compatibles coa tecnoloxía Miracast.
Amazon renova os seus tablets
Compartir Este Artigo

