American Express estrea Android Pay en España

martes, 26 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Cada vez é máis frecuente ver como nos establecementos españois pódese pagar con tarxetas bancarias contactless, o que tamén facilita o pagamento co móbil, sendo o principal atranco actual os acordos necesarios entre sistemas de pagamento e as entidades bancarias, de aí que moitos agradezan o feito de que American Express anuncie hoxe que os seus clientes xa poden empregar Android Pay en España.
Dado que American Express xa contaba con Apple Pay, na práctica temos que case calquera smartphone con NFC actual pasará a poder operar como se fose unha tarxeta American Express para realizar un pagamento áxil e seguro con independencia da entidade bancaria coa que traballen e sen ter que pagar ningún tipo de comisión adicional.
Para usar Android Pay cunha tarxeta American Express é preciso contar cun smartphone con Android 4.4 ou superior (que teña NFC), instalar a aplicación oficial do servizo e engadir a súa tarxeta na mesma. A partires dese momento poderase empregar Android Pay tanto en establecementos físicos como en aplicacións que incorporen o botón de Android Pay.

PUBLICIDADE