Ames mellora a súa Sede Electrónica cunha enquisa de satisfacción entre a cidadanía

luns, 10 de maio do 2021 S. P.

O Concello de Ames presentou os resultados dunha enquisa sobre o uso que fai a cidadanía das ferramentas tecnolóxicas municipais, concretamente a Sede Electrónica local e os seus servizos. No informe fai saber que o 80% de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a eSede afirmaron empregala.
Amais, o 46% dos enquisados accede mensualmente ao taboleiro de anuncios e só 3 persoas, diariamente. O 40% dos participantes valoran, a niveis xerais, “regular” a Sede Electrónica, mentres que 15 persoas estímana como “boa”. Non obstante, 10 persoas están insatisfeitas coa páxina web. Os veciños e veciñas destacan o bo funcionamento do apartado de “pago en liña” xa que, o 75%, nunca tiveron problemas co servizo.
Ademais, debido a que para a tramitación de moitas solicitudes na nova sede é obrigatorio o uso do certificado electrónico ou DNI electrónico, interesou saber se a veciñanza dispón dalgúns deste dous documentos de identificación. Máis persoas dispoñen do certificado electrónico, 72%, que do DNI electrónico, 65%. Ademais, 11 veciño/as descoñecen como conseguir o primeiro documento.
Co fin de mellorar a Sede Electrónica municipal, a enquisa web habilitou un apartado no que os/as enquisado/as podían engadir comentarios. A maioría aconsellaron que se actualizara o portal para encontrar os trámites dun xeito más sinxelo e intuitivo. Outra das suxestións máis repetidas foi a de empregar totalmente o uso da lingua galega.

PUBLICIDADE