Amigos de Galicia e o Concello de Muros mergullan ás persoas maiores nas novas ferramentas
xoves, 2 de outubro do 2025
A Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración da concellería de Servizos Sociais do Concello de Muros, organiza varias sesións formativo-tecnolóxicas en novembro para ensinar ás persoas maiores de Muros a desenvolverse de forma correcta coas novas ferramentas dixitais, tirando proveito dalgunhas das súas principais utilidades (trámites coas administracións, comunicacións diarias, compras por Internet, consultas, uso da aplicación do SERGAS, etc).
As sesións serán os días 6, 7, 13 e 14 de novembro (xoves e venres), en horario de 10:00h a 12:30h en Esteiro (Casa da Sociedade) e Louro (O Centro).
“Temos que evitar a fenda dixital nas persoas maiores e estas sesións ensinaranlles de forma amena e sinxela a sacarlle partido ao seu teléfono móbil, utilizar a aplicación do SERGAS, a Chave365, ou ir a un caixeiro automático”, explicou Mario Martínez Lago, concelleiro de Servizos Sociais de Muros.
As inscricións poden facerse dende este 1 de outubro ata completar inscrición no 981 762 465 ou presencialmente no edificio de Servizos Sociais.
