Amigus achéganos en xullo unha nova cita coas tecnoloxÃas que se comparten
luns, 16 de xullo do 2018
Quen
queira seguir exercitando este verán as súas habilidades robóticas
e tecnolóxicas e, o máis importante, compartilas cos demais, vai
poder facelo nova nova edición dos Amigus
Labs, os obradoiros maker que organizan cada pouco os
membros da Asociación Amigus e
Merca nas Pontes. A
edición 18.4 dos obradoiros celébrase os dÃas 26 e 27 de xullo no
Lar da vila coruñesa. A actividade estará centrada unha vez máis
na arte e na creación dixital: desta volta traballando novamente en
prototipos xa previamente perfilados, montando un sistema de
intelixencia artificial nun barco solar ou experimentando con
sensores de telemetrÃa conectados por ESP8266.
Ademais,
na celebración da quedada retomarase o fÃo do desenvolvemento e
testeo de robots velocistas. Tamén se habilitará unha área de
exposición dos proxectos realizados nos últimos meses.
Por
outra banda, haberá actividades para nenos e nenos, como de costume.
Estas collerán corpo na zona Amigus Labs Kids que se celebra o xoves
26 de 11:00 a 14:00: unha oportunidade para aprenderen a modelar en
3D e afondaren en como imprimir pezas nas impresoras 3D.
O
venres realizarase un obradoiro de robótica, onde se brindará unha
oportunidade para crear robots, adestrándonos en todas as fases de
fabricación dos mesmos, dende o deseño dos PCBS até o proceso de
soldadura, pasando por un achegamento pormenorizado aos compoñentes
e a impresión 3D. Neste punto, segundo informa Amigus, entrará en
xogo o enxeño Garabullos, un pequeno robot educativo creado por
Diego Lale como unha variante do coñecido Escornabot.
A
organización tamén fai saber que se o tempo asà o permite, farase
o xantar das súas xornadas de traballo no lago das Pontes, en
horario de 14:00 a 16:00 horas, onde se desenvolverán as probas do
barco autónomo e aproveitarase tamén para experimentar con drons.
A
idade mÃnima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs
é de 8 anos en adiante, a inscrición é de balde. Para asistirmos
podemos vir equipados co noso ordenador e todo o necesario para poder
conectalo a un só enchufe. A inscrición é de balde, e o prazo
remata o 24 de xullo. Podemos facelo enviando un correo a
amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).