Amigus organiza a comezos de agosto un campamento infantil de ciencia e tecnoloxía
mércores, 13 de xullo do 2022
A
Asociación
Informática Amigus organiza en colaboración co Concello de As
Pontes e Servicio Móvil un campamento infantil de ciencia e
tecnoloxía. Desenvolverase do 1 ao 5 de agosto no Lar de Endesa
de As Pontes en horario de 9:00 a 14:00. Está dirixido a rapaces e
rapazas de 6 a 14 anos, e ten un prezo de inscrición de 50 €.
No
campamento de ciencia e tecnoloxía os rapaces realizarán obradoiros
de robótica, programación, impresión 3D, reciclaxe, electrónica e
ciencia na cociña. O formato será de talleres participativos,
divertidos e innovadores adaptados para nenos das devanditas idades.
“Coa realización destas actividades formativas, divulgativas e
lúdicas”, informan dende Amigus, “búscase proporcionar á
rapazada a unha base dun pensamento lóxico dedutivo, achegando
iniciativas que espertan o seu interese pola ciencia e a
investigación e favorecendo así o desenvolvemento da nosa
sociedade”.
E
engade a asociación: “Trátase de actividades interactivas onde se
farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os
participantes poden levar a cabo. Coa realización destes
experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de
hipótese e a experimentación con materiais, para despois
desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así
reflexionar sobre os resultados”.