Amouranth desvela o que ingresou en OnlyFans en 4 anos

mércores, 10 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Kaitlyn Michelle Siragusa, máis coñecida na Rede polo seu alcume Amouranth, continúa a arrasar en distintas plataformas explotando a súa imaxe de distintos xeitos, chegando a incluso ofrecer a posibilidade de conversar cunha versión de si mesma replicada mediante intelixencia artificial.
Pero unha vez máis sorprende ao mundo ao desvelar a inxente cantidade de cartos que ingresa a través da plataforma OnlyFans, xa que dende xaneiro de 2020 tería ingresado máis de 57 millóns de dólares brutos (que tradúcense e máis de 45 millóns de dólares netos), dos que 20 millóns corresponderíanse a subscricións dos usuarios, 26 millóns a mensaxes privadas e 10 millóns a propinas.
Os ingresos mensuais de Amouranth en OnlyFans son bastante irregulares, pero normalmente mantéñense preto do millón de dólares, non sendo a súa única fonte de ingresos, xa que tamén conta con moita actividade en plataformas tradicionais (como YouTube, Twitch e Patreon) e incluso fundou unha axencia de creadores de contido, deixando claro que vivir dunha actividade en liña non só pode ser posible, senón tamén moi lucrativo.

Táboa cos ingresos de Amouranth en OnlyFans

PUBLICIDADE