Amped Wireless estrea un adaptador para mellorar a recepción Wi-Fi de portátiles e tablets con Windows 8
martes, 30 de abril do 2013
Ante a emerxencia de numerosos tablets e portátiles con
Windows 8, Amped Wireless incorpora ao seu catálogo o seu adaptador Wi-Fi TAN1,
deseñado pensando neste tipo de dispositivos, e que busca respectar a súa
estética cun formato moi fino á vez que contribúe a establecer conexión a redes
sen fÃos a unha distancia moi superior que coa antena interna integrada nos
mencionados equipos.
O TAN1 de Amped Wireless ten o tamaño dun bolÃgrafo (11,4 x 1,5 x 1
centÃmetros), conéctase ao equipo con Windows 8 por USB 2.0 e inclúe no seu
interior 2 antenas de alta ganancia (2 dBi), 2 amplificadores de 600 mW e
amplificadores para a recepción sen fÃos, moi doada de instalar e que inclúe
unha pinza para engancharse comodamente á pantalla do portátil ou ao marco do
tablet, permitindo que poidamos conectarnos á nosa rede Wi-Fi doméstica dende
calquera curruncho do fogar ou dende o xardÃn reducindo os cortes que son tan
habituais a certa distancia do noso router.
Este dispositivo é compatible con redes sen fÃos na banda dos 2,4 GHz (IEEE
802.11b/g/n) e o seu prezo é de 59,99 dólares (45,57 euros). Comezou hoxe a súa
distribución nos EE.UU.