AmpliFi Instant permite crear unha rede Wi-Fi mesh en 2 minutos
martes, 9 de outubro do 2018
A cobertura das redes Wi-Fi é un problema frecuente en
moitos fogares, polo seu tamaño e distribución, e como grande solución a este
problema xurdiron as redes tipo maia, na que os repetidores comunÃcanse entre
si, de xeito que os distintos dispositivos en rede consegue sempre a mellor
conexión á Rede posible.
Dentro destas solucións gozan de grande sona as da familia AmpliFi de Ubiquiti
Labs, que vén de medrar co novo AmpliFi
Instant, un produto que non só promete unha Wi-Fi rápida e estable en todo
o fogar, senón que conta como
principal virtude o poder configurarse en só 2 minutos, converténdose nunha
grande opción para apartamentos e casas que non consigan unha boa conexión sen
fÃos co router que instala o seu operador de Internet.
O AmpliFi Instant comercialÃzase cun router solto cun prezo de 99,99 dólares
nos EE.UU., e nun lote que inclúe tamén un MeshPoint
por 179,99 dólares, converténdose na opción máis asumible desta familia para
poder gozar dunha Wi-Fi doméstica baixo a tecnoloxÃa Wi-Fi AC de dobre banda. O
MeshPoint non só amplÃa a cobertura
da Wi-Fi, senón que tamén inclúe un porto Gigabit Ethernet, o que pode resultar
práctico para conectar ordenadores de sobremesa ou outros dispositivos que non
integren Wi-Fi.
Entre as vantaxes de AmpliFi está a súa aplicación móbil, que facilita a
configuración, reporta estatÃsticas, xestiona o control parental e tamén pode
habilitar o acceso para convidados.
- Un router AmpliFi Instant e un MeshPoint moitos fogares poden contar xa cunha rede Wi-Fi rápida e con boa cobertura