Ana Almécija visitará A Industriosa para botar luz no concepto da computación cuántica
venres, 25 de outubro do 2024
O vindeiro mércores 30 de outubro (ás 19.00 horas) a sede de A Industriosa, espazo de traballo innovador e maker de Vigo, recibirá a visita de Ana Almécija para resolver dúbidas sobre o significado, implicación e posibilidades da computación cuántica.
Nesta charla Ana falará das bases da computación cuántica; dos diferentes enfoques, estratexias e desafÃos pendentes; das aplicacións das tecnoloxÃas cuánticas á criptografÃa postcuántica e da distribución de claves cuánticas; e de como se van abordar estes problemas en ARQA, a Alianza de Centros Tecnolóxicos para a innovación en aplicacións Quantum Computing para a empresa (Rede de Excelencia Cervera) co obxectivo de facilitar a transferencia de coñecemento á empresa.
Ana traballa no ITG Instituto Tecnolóxico de Galicia, onde esta a traballar nas aplicacións de Quantum Computing(ARQA). Ademais antes, Ana estivo ligada a temas relacionados co Deep Tech, en lugares como o CETMAR, CITIC ou na universidade da Coruña.
Para participar debemos realizar a nosa inscrición gratuÃta en Meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).