Ana Ortiz clausura en Vigo os obradoiros FomaWeb V e MAIV 2023

luns, 30 de setembro do 2024 Redacción

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou hoxe os obradoiros Formaweb V e MAIV 2023, acto no que animou ao alumnado a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. Nestas actividades participaron 32 alumnos durante os últimos once meses.
O obradoiro Formaweb V, programa de emprego de garantía xuvenil, contou cunha subvención de 435.830,56 euros para o desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e seguridade informática.
Pola súa banda, o curso MAIV 2023, organizado pola Mancomunidade de Vigo, contou coa mesma achega da Xunta para ofertar as especialidades de Xestión de Marketing e Comunicación e Dinamización Comunitaria.
Estes programas melloran a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.