Andro4all premia os mellores produtos do ano

xoves, 30 de novembro do 2023 Redacción

A publicación dixital Andro4all, pertencente á compañía coruñesa Difoosion, vén de celebrar a primeira edición dos seus premios para elixir os mellores produtos presentados en 2023 en 16 categorías.
Entre as distintas categorías podemos salientar como mellor móbil do ano o Samsung Galaxy S23 Ultra, aínda que non é a única categoría dedicada aos móbiles, xa que o Oppo Find N2 Flip tamén foi considerado o mellor móbil encartable, o Honor Magic5 Pro 5G o mellor móbil de gama alta, o Vivo V29 5G o mellor móbiles de gama media, o Redmi Note 12 o mellor móbil de entrada e o Google Pixel 7a o mellor móbil en relación calidade-prezo.
Como mellor tableta/convertible do ano escolleron a Samsung Galaxy Tab S9 Ultra; como mellor wearable o Apple Watch Serie 9; como mellores auriculares os Sony WF-1000XM5; como mellor grande electrodoméstico a lavadora Samsung A-40%; como mellor pequeno electrodoméstico a aspiradora Roborock S8 Pro Ultra; como mellor vehículo de mobilidade persoal o patinete Xiaomi Electric Scooter 4 Ultra; como Smart TV de alta gama a LG OLED evo G3; como Smart TV coa mellor relación calidade-prezo a TCL C745 OLED; como mellor plataforma de streaming Movistar+; e como mellor dispositivo de fogar conectado o Amazon Echo Pop.

PUBLICIDADE