Android 15 comeza a chegar a dispositivos Pixel
martes, 15 de outubro do 2024
Google inicia hoxe a despregadura de Android 15 para os dispositivos da familia Pixel, incluÃndo importantes caracterÃsticas de seguridade, xunto con melloras para dispositivos con pantallas grandes e actualizacións en distintas aplicacións.
Coa actualización chega un novo sistema de bloqueo ante a detección de roubo, que utiliza a IA para manter os datos seguros. Basicamente se o teléfono detecta que alguén o colleu e fuxiu correndo, en bicicleta ou en coche, automaticamente bloquea o dispositivo. Tamén é posible forzar o bloqueo do dispositivo de xeito remoto a través doutro dispositivo co número de teléfono do usuario e unha simple verificación de seguridade.
Con Android 15 engádense proteccións adicionais, que prevé que os ladróns adiviñen os contrasinais e poidan acceder a información sensible. Tamén fan máis difÃcil a restauración do dispositivo e a súa venda como produto roubado.
Android 15 tamén estrea un espazo privado, onde podemos organizar as aplicacións sensibles (como redes sociais, aplicacións de citas e aplicacións bancarias) de xeito fai invisible estas ferramentas até que se desbloquea este espazo privado, que supón unha capa adicional de privacidade para o smartphone.
No caso de tabletas e encartables, Android 15 tamén incorpora novidades que facilitan a activación e desactivación da barra de tarefas coa pantalla dividida e permite abrir rapidamente parellas de aplicación a pantalla dividida (algo que os dispositivos de Samsung permiten dende hai anos).
Tamén se inclúen novidades como un mellor control da cámara e do seu flash e melloras na optimización de gravación de escenas escuras; actÃvase a posibilidade de enviar e recibir mensaxes a través de conexións de satélite cando non hai cobertura de telefonÃa ou Wi-Fi; e as aplicacións poderán usar Passkey para a identificación do usuario cun simple toque.