Android Auto poderÃa integrar Gemini Live no futuro
luns, 2 de setembro do 2024
O sistema que integra Android nos nosos vehÃculos, tras uns meses de actualizacións problemáticas, está a prepararse para un prometedor futuro, pois na última versión de proba de Android Auto detectaron trazas de novidades moi interesantes, como o avance nas melloras do control da radio FM directamente dende Android Auto, a incorporación de reprodución de ficheiros multimedia locais e, como prestación totalmente revolucionaria estarÃa a integración de Gemini Live.
No código da aplicación detectouse a posibilidade de iniciar unha conversa co asistente baseado en intelixencia artificial de Google, prestación que aÃnda tardarÃa en chegar (Gemini Live aÃnda é unha función limitada a subscritores de Gemini Advanced que teñan un móbil da familia Pixel 9), pero que suporÃa un cambio substancial no xeito de relacionarnos coa tecnoloxÃa no automóbil, xa que serÃa posible interactuar con Android Auto mediante conversas en linguaxe natural.
Tamén é curioso ver que a referencia figura no código como kitt_live, ou sexa, que internamente Google estarÃa a chamar kitt á tecnoloxÃa que permitirÃa que o vehÃculo estivese escoitando constantemente ao usuario para poder atender as súas ordes faladas. O rechamante deste nome é que a calquera persoa de carta idade resultaralle familiar, xa que coincide coas iniciais de Knight Industries Two Thousand, o vehÃculo tamén coñecido como O Coche Fantástico.